Saturday 18 de May de 2024

Rematan as obras de mellora dos camiños do Pereiro e do Rolo


As actuacións están financiadas con cargo ao POS+2021

A área de infraestruturas do Concello de Cabanas informa do remate dos traballos de mellora nos camiños de Pereiro (entre a N-651 e A Rubada) e do Rolo (desde o entorno do Centro Recreativo ao Cruce do Batán).

No Camiño do Pereiro as actuacións que se levaron a cabo foron a mellora da capa de rodaxe e limpeza de gabias nun treito de 450 metros, así como no pintado das liñas de bordo e sinalización horizontal, mentres que no camiño do Rolo mellorouse o firme en 335 metros. Ademais, ancheouse un treito do camiño, no que tamén se executou un muro de contención do noiro, e se colocaron novas redes de abastecemento.

O importe das actuacións ascendeu a 44.770 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás obras e servizos de competencia municipal, POS+2021, da Deputación da Coruña.

A concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, amosouse satisfeita polo resultado as obras realizadas, e avanzou que inminentemente comezarán as actuacións previstas na Corredoira a Igrexa.